![]() |
IMAXE CORTESÍA DE clasehistoria.com |
A
REVOLUCIÓN
INDUSTRIAL
1.CONCEPTO
Chamamos Revolución Industrial ao conxunto de cambios nos
sistemas de producción, pasando dun sistema de traballo manual a
outro de producción mecanizada usando fontes de enerxía.
2.CAUSAS
DO SEU
XURDIMENTO
As causas do xurdimento
da Revolución Industrial son de diversa natureza:
-Económico-sociais:
-A revolución agrícola
británica, que trouxo como consecuencia unha época de excedentes
alimentarios que baixou a mortalidade catastrófica e unha emigración
do campo á cidade. Os que xa non podían traballar no agro
constituíron unha excelente man de obra para as fábricas
-A acumulación do
capital procedente do comercio, que permitiu investir na industria.
-Tecnolóxicas:
-A sustitución do
traballo manual por máquinas
-O uso do vapor como
fonte de enerxía. A invención da máquina de vapor por Watt foi
determinante na revolución industrial.
-O traballo en fábricas
-A mellora dos
transportes
3.CARACTERÍSTICAS
DA REVOLUCIÓN
INDUSTRIAL
A revolución industrial
tivo lugar en dúas fases ou períodos:
a)Primeira Revolución
Industrial:
Comezou e desenvolveuse
en Gran Bretaña, aproximadamente entre 1750 e 1850, e afectou a:
-A industria téxtil: o
tecido de algodón comenzou a desprazar á la e ao liño, dad a súa
demanda e aos beneficios que proporcionaba. As innovacións técnicas
aplicadas ao tecido permitiron un aumento espectacular da produción.
-A Industria
siderometarúrxica: o seu desenvolvemento foi debido á demanda de
ferro para as novas ferramentas e máquinas. Tamén medrou a demanda
de carbón como combustible.
-O ferrocarril: resultado
da aplicación da máquina de vapor no arrastre de vagóns culminou
coa invención da locomotora e o ferrocarril. Foi determinante para a
expansión dos mercados e da comunicación.
b) Segunda Revolución
Industrial:
A segunda revolución
industrial tivo lugar entre 1870 e 1914 aproximadamente, e afectou a
máis países, como Francia, o Imperio Alemán, os Países Baixos,
Rusia, Xapón e os Estados Unidos. Caraterízase por:
-Descubrimento de novas
fontes de enerxía, como o petróleo e o gas.
-Novos inventos: o motor
de catro tempos, a electricidade, o teléfono...
-Explosivos como a
nitroglicerina ou a dinamita.
-Desenvolvemento da
industria química: tecidos acrílicos (derivados do petróleo) como
o poliéster, desenvolvemento da industria farmacéutica.
-Novos metais máis
lixeiros, como o aluminio ou o aceiro inoxidable.
-Aplicación nas fábricas
da produción en cadea, que permitía elaborar máis productos en
menos tempo.
-Xurdimento do sistema
capitalista e da empresa.
4.CONSECUENCIAS
DA REVOLUCIÓN
INDUSTRIAL
1. O Capitalismo
O Capitalismo é o
sistema económico xurdido en Europa a finais do século XVIII,
resultado da revolución industrial e do liberalismo político.
Caracterízase por:
a) O capital é o factor
básico. Con capital referímonos non só aos cartos, senón tamén
aos materiais básicos para comezar unha producción: máquinas,
materias primas, etc.
b) Liberdade económica
do empresario para fixar prezos, salarios, formas de contratación,
etc. O mercado regúlase pola lei da oferta e da demanda.
c) Propiedad privada
protexida pola lei. O Estado non ten dereito a expropiar a empresa.
d)Man de obra formada por
traballadores asalariados.
e)División do traballo
en tarefas, para aumentar a produción
f)O obxectivo é
conseguir o máximo beneficio económico.
2. A sociedade de clases:
A revolución industrial
trouxo consigo un novo modelo de sociedade que acabou coa sociedade
estamental. Esta nova sociedade dividíase en clases sociais: grupos
diferenciados pola súa riqueza. É xa unha sociedade dinámica na
que é posible cambiar de clase social en función da riqueza que se
posúa, pero tamén é unha sociedade cunha grande desigualdade
económica, na que unha minoría acumula grandes riquezas e unha
minoría vive do salario que cobra polo seu traballo. Tendo esto en
conta, podemos falar de dous novos grupos ou clases sociais: a
burguesía e o proletariado.
a) A burguesía:
A burguesía é a clase
social dominante, a impulsora dos cambios e a grande beneficiada por
eles. Non é un grupo compacto, hai que diferenciar enter un ha gran
burguesía (empresarios e banqueiros) e unha pequena burguesía
(comerciantes e profesionais liberais). O seu dominio maniféstase
en:
-O dominio económico: a
burguesía acumulaba os capitais procedentes da industria e
controlaba o mercado, ademáis de establecer os prezos do mercado.
-O dominio político: a
lexislación favorecía aos intereses da burguesía, sobre todo coa
liberdade de mercado e a protección da propiedade privada. Ao ter o
control, a burguesía impoñía a súa mentalidade e gustos.
b) O proletariado:
Esta clase social estaba
formada polos traballadores das fábricas. A maioría deles tiñan
emigrado do campo á cidade. A burguesía impoñía duras condicións
laborais aos traballadores para conseguir o máximo beneficio
económico. A situación do proletariado era a seguinte:
-Non existía lexislación
que protexiese ao traballador.
-man de obra moi
abundante, o que permitía elixir ao empresario.
-Xornadas de traballo moi
longas, entre 12 o 15 horas.
-Salarios moi escasos,
que obrigaban a traballar a todos os membros da familia.
-Condicións de traballo
penosas, sobre todo en cuestión de hixiene e seguridade.
-Códigos de disciplina
severos: multas, etc.
3. As novas ideoloxías:
Como consecuencia da
explotación laboral á que estaba sometida a clase traballadora,
xurdiron unha serie de ideoloxías encamiñadas a defender os seus
intereses fronte aos abusos da burguesía capitalista:
SOCIALISMO: Ideoloxía
política que defende que a administración dos sistemas de
producción sexa feita polo Estado.
ANARQUISMO: Filosofía
política que defende a abolición do goberno.
COMUNISMO: Ideoloxía
política que defende a comunidade dos medios de producción, e a
supresión da propiedade privada
SINDICALISMO: movemento
formado polos sindicatos: organizacións para mellorar as condicións
laborais dos traballadores.
CONCEPTOS BÁSICOS
MORTALIDADE CATASTRÓFICA:
Exceso de número de defuncións, producidas por feitos excepcionais,
como epidemias, guerras, catástrofes naturais ou grandes fames. É
típica do Antigo Réxime.
MAN DE OBRA: Esforzo que
hai que facer para a fabricación dun ben.
MÁQUINA DE VAPOR: Motor
que transforma a enerxía térmica da auga en enerxía mecánica.
PRODUCCIÓN EN CADEA:
Forma de fabricación basada na cadea de montaxe e a especialización
do traballo.
EMPRESA: Organización
con fins económicos
CAPITALISMO: Sistema
economico xurdido pola revolución industrial e o liberalismo.
CAPITAL: Conxunto de
recursos necesarios para poñer en marcha unha actividade económica.
MATERIA PRIMA: elementos
da natureza usados para elaborar materiais de consumo.
LEI DA OFERTA E DA
DEMANDA: Modelo económico baseado no prezo dos bens e a súa
competencia no mercado.
SOCIEDADE DE CLASES:
Modelo social baseado na riqueza.
BURGUESÍA: Clase social
formada por empresarios capitalistas, comerciantes e profesionais
liberais.
PROLETARIADO: Clase
social formada por traballadores asalariados que carecen de
propiedades.
SOCIALISMO: Ideoloxía
política que defende que a administración dos sistemas de
producción sexa feita polo Estado.
ANARQUISMO: Filosofía
política que defende a abolición do goberno.
COMUNISMO: Ideoloxía
política que defende a comunidade dos medios de producción, e a
supresión da propiedade privada
SINDICALISMO: movemento
formado polos sindicatos: organizacións para mellorar as condicións
laborais dos traballadores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario