1. O ANTIGO RÉXIME. CONCEPTO E CARACTERÍSTICAS.
O século XVIII supón o final do Antigo Réxime e da Idade Moderna, e o
comezo da Idade Contemporánea.
O Antigo Réxime é o sistema político, social e económico que impera en Europa entre os séculos XVI e XVIII. Xorde a partir do aumento do poder dos
monarcas feudais. Os reis aumentaron a súa hexemonía ao pasar a maior parte da nobreza a desempeñar cargos na Corte e abandoar a actividade guerreira.
O Antigo Réxime presenta as seguintes
características:
A NIVEL POLÍTICO: A forma de goberno é a Monarquía Absoluta. O rei concentra na
súa persoa todos os poderes, xa que nesa época pensábase que o poder real emanaba
de Dios, que era Dios quen otorgaba o poder ao rei. Estes poderes eran:
Lexislativo: O rei dicta as leis
Executivo: O rei encárgase da aplicación das leis e do seu cumprimento
Xudicial: O rei castiga a quen non cumpre as leis.
Neste século, e ante as protestas da
poboación, ponse en práctica un sistema de goberno variante da monarquía absoluta: o despotismo ilustrado, que intenta facer
felices aos pobos buscando a prosperidade económica.
A NIVEL ECONÓMICO: A economía sustentábase en tres actividades:
agricultura, gandería e comercio. A agricultura
tivo grandes avances neste século co paso, por exemplo, do
arado de madeira ao de ferro. Sen embargo, o sistema de rotación de cultivos empezaba a estar esgotado, o que deu lugar a
malas colleitas que causaron grandes crises de fame. Durante esta época hai un gran avance do comercio marítimo e Gran Bretaña álzase coma a potencia máis forte.
A NIVEL SOCIAL: a sociedade do século XVIII segue a ser estamental, herdeira da medieval,
dividida en clases segundo o nacemento.
As clases sociais dividíanse en privilexiados e non
privilexiados. Os primeiros (20% da poboación) abranguían á nobreza e ao clero. Estaban
exentos de pagar impostos, tiñan un réxime xudicial especial e posuían a maior parte das terras.
Os non privilexiados (80% da poboación) dividíanse en campesiños e burguesía. Ademáis de pagar impostos tiñan prohibido desempeñar altos cargos. Os campesiños traballaban as terras dos privilexiados a cambio dunha
parte da colleita, pero a burguesía desempeñaba profesións liberais (médicos, avogados, prestamistas, comerciantes...) e realmente
eran os que posuían o poder adquisitivo.
A NIVEL CULTURAL: o século XVIII é o século da Ilustración. Tamén chamado "século das luces". A Ilustración foi un movemento cultural que propoñía a análise da realidade baseándose en feitos demostrables co método científico. Estendeuse a todas as áreas da cultura da época:
Nas ciencias, xurdiu o Racionalismo como método para a análise dos feitos científicos, usando a experiencia e non a observación.
No eido artístico, impúxose o Neoclasicismo, movemento con finalidade didáctica que propoñía como modelo a seguir os clásicos grecolatinos.
A nivel sociolóxico, foi o século do Despotismo Ilustrado como forma de goberno. O
Despotismo Ilustrado, variante da monarquía absoluta, propoñía facer melloras para o pobo, pero sen deixalo participar
na vida política.
2. LA LITERATURA ESPAÑOLA EN EL SIGLO XVIII
Los conceptos de la Ilustración, totalmente contrarios a la
libertad de creación artística, tardaron en arraigar en España, que prolongó el Barroco en su forma más decadente durante bastante tiempo. Por fin, el
Neoclasicismo se impuso en España y trajo consigo la fundación de academias y tertulias de naturaleza intelectual. La
Real Academia Española de la Lengua se funda en
1713, con el objetivo de conservar la pureza del español. Para ello, se publicaron diccionarios y una Gramática.
El Neoclasicismo se impuso sobre todo en poesía y teatro. Proponía que la obra literaria se
sometiera a reglas fijas y el patrón a seguir era sobre todo la
literatura griega antigua. También proponía que las obras tuvieran una finalidad didáctica, para educar a la población divirtiéndola al mismo tiempo.
Los géneros literarios tienen las
siguientes características:
POESÍA
La poesía neoclásica tiene finalidad didáctica y sigue el modelo de la
grecolatina. Tiene pocos recursos literarios. Los géneros más cultivados son la fábula y la poesía anacreóntica. Los poetas más señalados, Tomás de Iriarte y Félix Samaniego.
PROSA
En la prosa se abandonan los géneros de ficción y se cultiva casi
exclusivamente el ensayo, buscando siempre el rigor científico. Los ensayistas más importantes son dos frailes
gallegos que buscan elevar el gallego a la categoría de lengua: El padre Sarmiento y el padre Feijoo.
TEATRO
El teatro neoclásico busca la finalidad didáctica y ceñirse a una forma fija: tres
actos y aplicación rigurosa de la regla de las
tres unidades: la obra no puede transcurrir en más de 24 horas y debe tener una
sola acción en un solo espacio. El autor
más importante es Leandro Fernández de Moratín con "El sí de las niñas".
3. A LITERATURA GALEGA NO SÉCULO XVIII. OS SÉCULOS ESCUROS
A expresión "séculos escuros" utilízase para referirse á precaria situación la literatura galega durante
os séculos XVI, XVII e XVIII, nos
que a lingua galega viuse reducida case exclusivamente a lingua oral e perdeu
boa parte dos usos escritos.
Malia a que a política imperialista sobre
Galicia foi reforzada no século XVIII, a cultura da
Ilustración fixo que xurdiran voces que
reivindicaban a cultivo e a dignificación do idioma galego, ao tempo
que se intentaba desbotar a imaxe pexorativa do país e da xente. A principal figura é Frei Martiño Sarmiento, que destacou
polos seus estudios lingüísticos. Outro fervente
defensor foi Diego Antonio de Cernadas, autor de quince composicións en galego.
Ao mesmo tempo hai que destacar un gran desenvolvemento da
literatura popular, transmitida oralmente de xeración en xeración, que trata temas históricos ou de circunstancias (entroidos, romarías, cantigas de berce...). Na narrativa destacan os contos
e as lendas, mentres que no teatro abundan as representacións relixiosas en datas sinaladas (Nadal, Corpus)