lunes, 28 de enero de 2013

A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL

IMAXE CORTESÍA DE clasehistoria.com



A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL





1.CONCEPTO

Chamamos Revolución Industrial ao conxunto de cambios nos sistemas de producción, pasando dun sistema de traballo manual a outro de producción mecanizada usando fontes de enerxía.



2.CAUSAS DO SEU XURDIMENTO

As causas do xurdimento da Revolución Industrial son de diversa natureza:

-Económico-sociais:

-A revolución agrícola británica, que trouxo como consecuencia unha época de excedentes alimentarios que baixou a mortalidade catastrófica e unha emigración do campo á cidade. Os que xa non podían traballar no agro constituíron unha excelente man de obra para as fábricas

-A acumulación do capital procedente do comercio, que permitiu investir na industria.

-Tecnolóxicas:

-A sustitución do traballo manual por máquinas

-O uso do vapor como fonte de enerxía. A invención da máquina de vapor por Watt foi determinante na revolución industrial.

-O traballo en fábricas

-A mellora dos transportes



3.CARACTERÍSTICAS DA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL

A revolución industrial tivo lugar en dúas fases ou períodos:

a)Primeira Revolución Industrial:

Comezou e desenvolveuse en Gran Bretaña, aproximadamente entre 1750 e 1850, e afectou a:

-A industria téxtil: o tecido de algodón comenzou a desprazar á la e ao liño, dad a súa demanda e aos beneficios que proporcionaba. As innovacións técnicas aplicadas ao tecido permitiron un aumento espectacular da produción.



-A Industria siderometarúrxica: o seu desenvolvemento foi debido á demanda de ferro para as novas ferramentas e máquinas. Tamén medrou a demanda de carbón como combustible.



-O ferrocarril: resultado da aplicación da máquina de vapor no arrastre de vagóns culminou coa invención da locomotora e o ferrocarril. Foi determinante para a expansión dos mercados e da comunicación.



b) Segunda Revolución Industrial:

A segunda revolución industrial tivo lugar entre 1870 e 1914 aproximadamente, e afectou a máis países, como Francia, o Imperio Alemán, os Países Baixos, Rusia, Xapón e os Estados Unidos. Caraterízase por:



-Descubrimento de novas fontes de enerxía, como o petróleo e o gas.

-Novos inventos: o motor de catro tempos, a electricidade, o teléfono...

-Explosivos como a nitroglicerina ou a dinamita.

-Desenvolvemento da industria química: tecidos acrílicos (derivados do petróleo) como o poliéster, desenvolvemento da industria farmacéutica.

-Novos metais máis lixeiros, como o aluminio ou o aceiro inoxidable.

-Aplicación nas fábricas da produción en cadea, que permitía elaborar máis productos en menos tempo.

-Xurdimento do sistema capitalista e da empresa.



4.CONSECUENCIAS DA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL



1. O Capitalismo

O Capitalismo é o sistema económico xurdido en Europa a finais do século XVIII, resultado da revolución industrial e do liberalismo político. Caracterízase por:



a) O capital é o factor básico. Con capital referímonos non só aos cartos, senón tamén aos materiais básicos para comezar unha producción: máquinas, materias primas, etc.

b) Liberdade económica do empresario para fixar prezos, salarios, formas de contratación, etc. O mercado regúlase pola lei da oferta e da demanda.

c) Propiedad privada protexida pola lei. O Estado non ten dereito a expropiar a empresa.

d)Man de obra formada por traballadores asalariados.

e)División do traballo en tarefas, para aumentar a produción

f)O obxectivo é conseguir o máximo beneficio económico.



2. A sociedade de clases:

A revolución industrial trouxo consigo un novo modelo de sociedade que acabou coa sociedade estamental. Esta nova sociedade dividíase en clases sociais: grupos diferenciados pola súa riqueza. É xa unha sociedade dinámica na que é posible cambiar de clase social en función da riqueza que se posúa, pero tamén é unha sociedade cunha grande desigualdade económica, na que unha minoría acumula grandes riquezas e unha minoría vive do salario que cobra polo seu traballo. Tendo esto en conta, podemos falar de dous novos grupos ou clases sociais: a burguesía e o proletariado.



a) A burguesía:

A burguesía é a clase social dominante, a impulsora dos cambios e a grande beneficiada por eles. Non é un grupo compacto, hai que diferenciar enter un ha gran burguesía (empresarios e banqueiros) e unha pequena burguesía (comerciantes e profesionais liberais). O seu dominio maniféstase en:



-O dominio económico: a burguesía acumulaba os capitais procedentes da industria e controlaba o mercado, ademáis de establecer os prezos do mercado.

-O dominio político: a lexislación favorecía aos intereses da burguesía, sobre todo coa liberdade de mercado e a protección da propiedade privada. Ao ter o control, a burguesía impoñía a súa mentalidade e gustos.



b) O proletariado:

Esta clase social estaba formada polos traballadores das fábricas. A maioría deles tiñan emigrado do campo á cidade. A burguesía impoñía duras condicións laborais aos traballadores para conseguir o máximo beneficio económico. A situación do proletariado era a seguinte:

-Non existía lexislación que protexiese ao traballador.

-man de obra moi abundante, o que permitía elixir ao empresario.

-Xornadas de traballo moi longas, entre 12 o 15 horas.

-Salarios moi escasos, que obrigaban a traballar a todos os membros da familia.

-Condicións de traballo penosas, sobre todo en cuestión de hixiene e seguridade.

-Códigos de disciplina severos: multas, etc.



3. As novas ideoloxías:

Como consecuencia da explotación laboral á que estaba sometida a clase traballadora, xurdiron unha serie de ideoloxías encamiñadas a defender os seus intereses fronte aos abusos da burguesía capitalista:

SOCIALISMO: Ideoloxía política que defende que a administración dos sistemas de producción sexa feita polo Estado.

ANARQUISMO: Filosofía política que defende a abolición do goberno.

COMUNISMO: Ideoloxía política que defende a comunidade dos medios de producción, e a supresión da propiedade privada

SINDICALISMO: movemento formado polos sindicatos: organizacións para mellorar as condicións laborais dos traballadores.



 





CONCEPTOS BÁSICOS



MORTALIDADE CATASTRÓFICA: Exceso de número de defuncións, producidas por feitos excepcionais, como epidemias, guerras, catástrofes naturais ou grandes fames. É típica do Antigo Réxime.

MAN DE OBRA: Esforzo que hai que facer para a fabricación dun ben.

MÁQUINA DE VAPOR: Motor que transforma a enerxía térmica da auga en enerxía mecánica.

PRODUCCIÓN EN CADEA: Forma de fabricación basada na cadea de montaxe e a especialización do traballo.

EMPRESA: Organización con fins económicos

CAPITALISMO: Sistema economico xurdido pola revolución industrial e o liberalismo.

CAPITAL: Conxunto de recursos necesarios para poñer en marcha unha actividade económica.

MATERIA PRIMA: elementos da natureza usados para elaborar materiais de consumo.

LEI DA OFERTA E DA DEMANDA: Modelo económico baseado no prezo dos bens e a súa competencia no mercado.

SOCIEDADE DE CLASES: Modelo social baseado na riqueza.

BURGUESÍA: Clase social formada por empresarios capitalistas, comerciantes e profesionais liberais.

PROLETARIADO: Clase social formada por traballadores asalariados que carecen de propiedades.

SOCIALISMO: Ideoloxía política que defende que a administración dos sistemas de producción sexa feita polo Estado.

ANARQUISMO: Filosofía política que defende a abolición do goberno.

COMUNISMO: Ideoloxía política que defende a comunidade dos medios de producción, e a supresión da propiedade privada

SINDICALISMO: movemento formado polos sindicatos: organizacións para mellorar as condicións laborais dos traballadores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario